Playa Pescadoira - BUEU

Praia en forma rectilínea, de area dourada e grosa, situada no núcleo urbano de Bueu. Case desaparece cando a marea está chea. Dividida por un pequeno peirao, acompañado dun peirao flotante, é utilizada para albergar pequenas embarcacións, como "gamelas", "dornas" (pequenos barcos de pesca, con vela trincada e casco de tingladillo, é dicir, montando as táboas unhas sobre outras polo extremo, tradicionalmente do mundo nórdico), lanchas, etc. Neste peirao, os mozos e non tan novos, practican a inmersión con espectaculares e graciosos saltos. Recollida dos ventos e con augas tranquilas. Portuaria, con zona de fondeo de embarcacións. Ideal para pasar un día divertido nun bonito ambiente natural.

Características de Praias

  • Acceso A pié fácil, coche
  • Tipo de area Entrefina
  • Dimensións 100 m.
  • Característica da zona de baño Aguas tranquilas
  • Climatología en veran Buena
  • Ducha Non
  • Socorristas Non
  • Zona de sombra Non
  • Zona de pic nic Non
  • Fácil aparcamento Si
  • Resgardada de ventos Si
  • Bandera azul Non
  • Outras características Apenas cien metros de playa junto a la nave industrial cetárea en la ensenada de Bueu.
  • Paseo marítimo Si
  • Condicións de baño Apacible
  • Espacio protexido Non
  • Servicio médico cercano Si
  • Acceso a discapacitados Non
  • Seinalización de perigo Non
  • Servicio de autobús Si
  • Aseos Non
  • Papeleiras Si
  • Servizo de limpeza Si
  • Oficina de turismo Non
  • Teléfono Si
  • Establecimientos de comida Non
  • Establecimientos de bebida Si
  • Grado de ocupación Bajo
  • Praia nudista Non
  • Coordenadas 42º 19' 43,36'' N 08º 46' 49,43'' W
  • Coordenadas UTM X: 518.093,91 Y: 4.686.297,85 H:29