Ruta de las Playas - MARIN

Declarada Sendero Azul 2016

Ruta de incuestionable beleza. O percorrido, de 8,5 Km., parte do aparcadoiro previo á praia de Portocelo (cartel indicador) para continuar polas praias de Mogor, Aguete e Loira sucesivamente, finalizando a ruta na praia do Santo.

Esta ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais cunha zona de interese arqueolóxico polos seus petróglifos.

A dificultade da ruta é baixa estando claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco  (pintadas en pedras, muros e no chan).

O percorrido é de carácter lineal, polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta. Este traxecto pódese transitar en calquera estación do ano.

Información adicional: Esta vía posúe un carril específico para ciclistas.

Características de Rutas a pé

  • Distancia de todo o recorrido 8,5 kms
  • Ruta circular Non
  • puntos de avituallamento no recorrido Si
  • Zonas de descanso durante o traxecto Si