5º Torneo Liga Galega de Kaiak Polo

5º Torneo Liga Galega de Kaiak Polo organizado polo Real Club Náutico de Rodeira que se levará a cabo o domingo 14 de agosto a partir das 09:00 horas na dársena do peirao de Cangas, para dar visibilidade a este deporte na nosa vila e facilitar a afluencia de xente. 

Realizarase baixo a supervisión da Federación Galega de Piragüismo e contara coa participación de 70 deportistas, nas categorías absoluta masculina, absoluta feminina e sub 21.  

Será o quinto e último torneo de Kaiak Polo que se celebrará  a nivel galego, aínda que o 10 e 11 de setembro terá lugar o campionato de España. Compre recordar que o Náutico Rodeira lidera a liga a nivel galego. A entrega de premios celebrarase en torno ás 18:30 horas.  

Por segunda vez estará dedicado a Carlos, xogador de Kaiak Polo do Náutico Rodeira que faleceu con 16 anos. A perda desta nova promesa a nivel nacional consternou a todo o club e na súa honra eliminaron o número 6 no equipo.  

Dende a Fundación Cangas Deporte e o Náutico Rodeira convidan a toda a veciñanza a compartir este domingo de deporte.   


Fecha: 14/08/2016 00:00 - 14/08/2016 00:00