Sitúase no cume do monte Cucarno, o punto máis alto da illa máis grande do arquipélago. A súa orixe data de 1865 e, xunto aos das illas Sisargas e Sálvora, foi dos últimos faros de petróleo a presión que existiron. En 1990 a súa alimentación pasou á enerxía fotovoltaica.