Praia en forma de cuncha, de area dourada e fina. Inmersa nunha contorna urbana, con carácter mariñeiro. Abrigada dos ventos, con augas tranquilas. Portuaria, con zona de fondeo de embarcacións. Son atractivas as panorámicas das casas mariñeiras das inmediacións. Constitúen tamén motivos de interese as pequenas embarcacións, tradicionalmente vinculadas ao mundo nórdico, como "gamelas", "dornas" (diminutas barcas de pesca, con vela trincada e casco de tingladillo, é dicir, montando as táboas unhas sobre outras polo extremo). De curiosa observación pode resultar a entrada a porto dos botes "pulpeiros" que retornan cada día tras a pesca.