Bandera azul 2016
Praia en forma de tómbolo, de area dourada e fina. Situada nunha contorna rural, entre Punta Forcadela e Punta Restada, áchase rodeada de pequenos illotes, o maior o de Corveiro do Lago. Contigua á praia de Lagoelas. Ventosa, con ondada moderada, é unha praia un pouco perigosa polas correntes mariñas que se producen ao chocar o mar coas numerosas rocas que a rodean. Separada doutra pequena praia polo miradoiro de Lagos, desde onde se pode gozar de boas panorámicas das postas de sol ou do mar enfurecido ao chocar contra as rocas. Precisamente esas rocas graníticas mostran unha curiosa morfoloxía froito do modelado eólico e marítimo. Ideal para os amantes da natureza. Proposta para a integración na Rede Natura 2000.