Praia en forma de baía, de area branca e grosa. Inmersa nunha contorna forestal, rodeada de bosques e enormes rocas que conforman cantiis. Ventosa, con ondada moderada e augas tan cristalinas que se pode apreciar o fondo do mar. Zona de fondeo de embarcacións. Contigua á praia de Pedrón. Ideal para os amantes da natureza. Proposta para a integración na Rede Natura 2000. Incluída no Plan Especial de Protección Ambiental de Cabo Udra.