Declarada Sendero Azul 2016
Ruta de incuestionable beleza. O percorrido, de 8,5 Km., parte do aparcadoiro previo á praia de Portocelo (cartel indicador) para continuar polas praias de Mogor, Aguete e Loira sucesivamente, finalizando a ruta na praia do Santo.
Esta ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais cunha zona de interese arqueolóxico polos seus petróglifos.
A dificultade da ruta é baixa estando claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras, muros e no chan).
O percorrido é de carácter lineal, polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta. Este traxecto pódese transitar en calquera estación do ano.
Información adicional: Esta vía posúe un carril específico para ciclistas.