IV Romería de Productos del Campo de Postemirón - Vilaboa

Vilaboa celebrará este sábado 17 de xullo a súa cuarta edición da Romaría de Produtos do Campo de Postemirón, unha cita que se marca como un dos seus obxectivos promocionar os pequenos agricultores da zona e os artesáns con vinculacións co mundo do campo e que permite aos asistentes coñecer o mundo rural e aprender del. 

Nesta edición 2016, e despois do éxito dos anos anteriores, está confirmada a participación de 33 postos diferentes. A cita deste ano está adicada á apicultura, facendo unha clara aposta por unha apicultura respectuosa co medio, e destacando o papel fundamental que as abellas teñen na agricultura e, en consecuencia, na sobrevivencia humana.

Este ano, a romaría servirá para reivindicar o mel e os derivados da colmea como un alimento básico na economia galega, un alimento con grandes cualidades nutrivitas e unha medicina indispensable en calquera fogar. Para camiñar nesta liña, ao longo da xornada, haberá un obradoiro para a elaboración de cosmética derivada da colmea, a cargo de Apicultura Alteia, de Lugo.

Ademais, pola mañá haberá unha intervención sobre o 'O papel das abellas na agricultura'a cargo do presidente da Asociación Galega de Apicultura, Xesús Asorey, e outra da asociación Abellas Nais, de Celanova, sobre 'Os beneficios da colmea para a saúde humana'.

Ao longo de toda a xornada venderanse en Postemirón produtos do campo, artesanías, apeiros de labranza e comestibles e tamén haberá actuacións musicais e xogos populares para nenos e maiores.

Esta romaría está organizada por Veiga do Palheiro, a asociación de veciños de Postemirón e o Concello de Vilaboa e supón un exemplo máis da súa aposta por un tipo de encontros nos que se promove a vida no entorno rural e as economías alternativas. Os organizadores queren demostrar que a xente que vive no campo leva adiante iniciativas moi diversas e dignificar o taballo do agricultor e do artesán.


Fuente:pontevedraviva.com


Data: 17/07/2016 00:00 - 17/07/2016 00:00